úlcera
úlcera
lat ulcĕra, pl de ulcus, -ĕris
-
s
f
[PAT ]
Lesión con perda de substancia debida a un proceso necrótico, de escasa ou nula tendencia á cicatrización.
-
úlcera de estómago
[PAT ]
Úlcera péptica localizada na mucosa gástrica.
-
úlcera péptica
[PAT ]
Perda de substancia penetrante, crónica e de evolución por brotes, das zonas do tubo dixestivo bañadas polo zume gástrico.
-
úlcera varicosa
[PAT ]
Úlcera crónica das pernas por complicación das varices.