tubo

tubo

lat tubu

Plural: tubos
    1. s

      Elemento baleiro de sección xeralmente constante que serve para transportar distintas substancias ou materiais.

    2. tubo de ensaio [QUÍM ]

      Tubo de vidro pechado por un extremo, de fondo redondo e dimensións diversas que se emprega no laboratorio.

    3. tubo de escape [TECNOL ]

      Tubo polo que se expulsan os gases de combustión do motor dos vehículos motorizados.

    1. s

      Peza baleira máis longa ca larga que se emprega para usos diversos.

    2. tubo de imaxe

      Tubo de raios catódicos que se emprega nos receptores de televisión.

    3. tubo de raios catódicos

      Tubo de feixe electrónico que desvía o feixe para que incida sobre unha pantalla fluorescente e produza nela un punto luminoso variable.

    4. tubo electrónico

      Dispositivo electrónico constituído por dous electrodos ou máis, baleiro no seu interior, ou ben por un gas determinado, a través do que ten lugar a condución da corrente eléctrica mediante o movemento dos electróns entre os electrodos.

    5. tubo fluorescente

      Lámpada de descarga onde a luz se produce pola emisión dunha substancia fluorescente disposta no interior e excitada pola radiación ultravioleta da descarga.

    1. s [BIOL ]

      Parte, órgano ou estrutura que ten forma de canón ou peza cilíndrica.

    2. tubo de Malpighi [ZOOL ]

      Elemento do sistema excretor que é característico de artrópodos terrestres.

    3. tubo dixestivo [ZOOL ]

      Conduto formado pola boca, o esófago, o estómago e os intestinos, ata o ano.

    4. tubo polínico [BOT ]

      Evaxinación tubular do contido do gran de pole, que se forma ao xerminar este no estigma.