troita

troita

lat tructa

Plural: troitas
  1. s f [ANIMAL/ICT ]

    Peixe de río, da familia dos salmónidos, que ten o corpo fusiforme, a boca grande e a aleta adiposa cunha mancha vermella.

  2. troita arco da vella [ANIMAL/ICT ]

    Peixe de río, da familia dos salmónidos, que presenta bandas irisadas na pel, e as aletas adiposa e caudal con manchas negras.

Refranes

  • A troita e o unto, canto máis vellos mellor.
  • Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.
  • Troita cara non é sá.