tribunal
lat tribūnale
-
-
s
Conxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza.
-
s
Conxunto de funcionarios que constitúen o órgano estatal encargado de velar pola garantía de orde xurídica.
-
s
Lugar destinado aos xuíces para administrar a xustiza e pronunciar sentenzas.
-
s
Aparato xudicial.
-
tribunal constitucional
Organismo colexiado que se encarga de administrar o mecanismo de defensa e garantía da Constitución que resolve os problemas que presenta o cumprimento das normas. Ten xurisdicción sobre todo o territorio español e competencia exclusiva para coñecer dos recursos de inconstitucionalidade, dos de amparo e dos conflitos de competencia.
-
tribunal de contas
Órgano supremo do estado español fiscalizador das contas e da xestión económica do estado e de toda a actividade económica e financeira do sector público. Depende directamente da Cortes Xerais e ten xurisdición en todo o territorio estatal.
-
tribunal superior de xustiza de Galicia
Órgano xurisdicional de máis alto grao dos que existen en Galicia e con sede na Coruña, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma.
-
tribunal supremo
Organo xurisdiccional superior, salvo en materias de garantías constitucionais, con sede en Madrid (1812). Ten xurisdición sobre todo o territorio do estado e resolve os recursos de casación.
-
s
-
s
m
[ARQUIT/HIST ]
Presbiterio nas basílicas paleocristiás situado na ábsida, normalmente elevado, onde sentaban o bispo e os presbíteros.