arrendamento
arrendamento
arrendar
-
s
m
Acción e efecto de arrendar.
-
s
m
Contrato entre dúas partes, o arrendador, e o arrendatario, polo que o primeiro traspasa ao segundo unha propiedade a cambio dunha renda periódica mensual ou anual para que faga uso e obteña beneficio dela.
-
arrendamento de predio rústico
Arrendamento de terras de cultivo.
-
arrendamento de predio urbano
Contrato de cesión do uso dunha vivenda ou local de negocio por un prezo e un tempo determinados.
-
arrendamento de servizos
Contrato polo que unha das partes obriga a outra a prestar o seu traballo durante un tempo indefinido ou marcado para a realización dunha obra determinada a cambio dun prezo fixado.