tratamento

tratamento

tratar

Plural: tratamentos
  1. s m

    Xeito de tratar algo ou a alguén.

  2. s m [SOCIOL ]

    Título honorífico ou de cortesía que se lles dá ás persoas pola súa autoridade, a súa dignidade, o seu cargo ou a súa categoría social.

  3. s m [MED ]

    Conxunto de medios que se poñen en práctica para curar ou aliviar unha enfermidade.

  4. s m [IND ]

    Operación á que se somete algunha materia para outorgarlle unha determinada calidade ou propiedade.

Sinónimos

Citas

  • Houbo un tratamento adecuado do tema
  • Os traballadores merecían outro trato

Refranes

  • A galiña, ben galeada; e a moza, ben aloumiñada.
  • Á nogueira e ao vilán, co pau na mano
  • A quen has mester, trátao de mercé.
  • Cando meu pai de vostede me trata, ou quéreme bater ou cerca lle anda.
  • Dáme ventura e bótame na rúa.
  • Dous canciños a un can mal trato lle dan.
  • En canto foi nora, nunca tivo boa sogra e, en canto foi sogra, nunca tivo boa nora.
  • Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal quérense saber tratar.
  • Hoxe rifareiche e mañá mimareite.
  • Ó alcalde e á doncela ninguén iles diga: se eu quixera.
  • O mal marido, cegalo ou cebalo.

Palabras vecinas

tratable tratadista tratado tratamento tratante tratar trato