trapecio

trapecio

lat trapezĭu gr τραπέζιος

Plural: trapecios
  1. s m [MAT ]

    Cuadrilátero que ten dous lados opostos paralelos e os outros dous non paralelos.

  2. s m
    1. Substancia branca central do cerebelo.

    2. Músculo amplo, de forma triangular, que actúa como elevador do ombro e como rotatorio e inclinador da cabeza.

    3. Óso curto, esponxoso e de forma cuboide que se articula co escafoide, o trapezoide e os metacarpianos primeiro e segundo.

  3. s m [DEP/ESPECT ]

    Aparato para facer exercicios de ximnasia que consiste nunha barra horizontal pendurada polos seus extremos por dúas cordas.