torre

torre

lat turre

Plural: torres
    1. s [ARQUIT/HIST ]

      Construción cilíndrica ou prismática, máis alta que ancha, illada ou sobresaíndo dunha edificación, con función defensiva na Idade Antiga e na Idade Media.

    2. torre de Babel [HIST/MIT ]

      Construción situada en Shinan (Babilonia) e levantada polos descendentes de Noé, que pretendían que alcanzase o ceo, feito de soberbia que provocou a ira de Iavé, que interrompeu a construción e lles confundiu as linguas.

    3. torre de control [AERON ]

      Construción feita nun aeroporto desde a que se regula o tránsito dos avións.

    4. torre mestra [HIST ]

      torre da homenaxe.

  1. s f

    Construción de material xeralmente metálico e de sección cuadrangular destinada a facer de soporte ao conxunto de condutores dunha liña aérea de alta tensión mediante os illadores correspondentes.

  2. s f [XOGO ]

    Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que ao inicio da partida están situadas nas cuadrículas correspondentes aos catro ángulos do taboleiro.

  3. s f [BÉL/HIST ]

    Artefacto de guerra antigo en forma de torre, destinado a transportar guerreiros atacantes.