torno

torno

lat tornu gr τόρνος ‘xiro, volta’

Plural: tornos
  1. s m [TECNOL ]

    Máquina para redondear pezas de diferentes materiais duros, ou darlles un perfil ou calibre determinado, imprimíndolles un rápido movemento de rotación ao poñelos en contacto cunha ferramenta de corte.

  2. s m [TECNOL ]

    Máquina simple que consiste nun cilindro que traballa mediante un movemento de rotación.

  3. s m [HIST ]

    Cabalete de madeira en que se suxeitaba os reos para sometelos a certas torturas.

  4. s m [TECNOL ]

    Maquinaria empregada para traballar un sólido facéndoo xirar ao redor dun eixe e arrincándolle material para transformalo nunha peza ben definida.

  5. s m [CONSTR ]

    Tambor xiratorio de eixe vertical con aberturas laterais que, colocado na abertura dunha parede, serve para pasar obxectos dun lado a outro sen que a persoa que está nun lado vexa á que está no outro.

Palabras vecinas

torneo tornés -sa torniquete torno toro toro toroidal