tolo -la

tolo -la
Plural: tolos Masculino: tolo Masculino plural: tolos Feminino: tola Feminino plural: tolas
  1. adx

    Que ten perturbadas as súas facultades mentais. Tm s.

  2. adx

    Que actúa impulsivamente e sen razoar.

  3. adx

    Que padece un estado de excitación que lle impide controlarse.

  4. adx

    Que sente entusiasmo por algo ou por alguén.

Refranes

  • A un louco, outro.
  • A un tolo, outro.
  • Anque sexa tolo o falador,. sexa cordo o escoitadoro
  • Ás veces o tolo fala cordo.
  • Cada louco coa súa teima e cada chaga coa súa postema.
  • Cada louco coa súa teima.
  • Cada tolo coa súa teima.
  • Canto máis ao tolo dan,.roáis tolo o fan.
  • Do tolo e do vento arrédate.
  • É cousa de tolos non ter xuício.
  • Inda que louco, non de todo.
  • Non hai tolo sen idea.
  • Non se vira tolo quen é parvo.
  • Non tolea o que non pode.
  • Nunca faltou tolo para tola nin testo para ola.
  • O louco e o ar, deixádeos pasar.
  • O louco pola pena é cordo.
  • O que de mozo non tolea, de vello perde a cabeza.
  • O que é tolo é do miolo.
  • O que non tolea de mozo tolea de vello.
  • O tolo ao monte e o cordo ao muíño.
  • O tolo e o aire, deixádeos que pasen.
  • O tolo pola pena é cordo.
  • Onde o tolo se perdeu o cordo aviso colleu.
  • Un tolo fai moitos.
  • Un tolo fai un cento.

Palabras vecinas

toller tollido -da tollo tolo -la tolosano -na tolteca tolú