tipo -pa

tipo -pa

lat typu ‘figura’ gr τύπος

Plural: tipos Masculino: tipo Masculino plural: tipos Feminino: tipa Feminino plural: tipas
  1. s m

    Cada unha das distintas modalidades que se caracterizan por trazos particulares.

  2. s m

    Cada unha das clases de persoas ou cousas que establecemos por relación con outras cousas e persoas de natureza similar.

  3. s m [BIOL ]

    Grupo en que se divide o reino animal e vexetal.

  4. s m

    Figura dunha persoa, especialmente respecto ás proporcións ou esveltez do seu corpo.

  5. s m [GRÁF ]

    Peza, xeralmente de metal, que leva en relevo unha letra ou un signo daquilo que se quere imprimir.

  6. s m [BIOL ]

    Espécime cunhas determinadas características morfolóxicas constantes, que serven de criterio para determinar a existencia dun taxon.

  7. s m [FILOS/PSIC ]

    Cada un dos modelos xenéricos a partir dos que se agrupan os individuos ou as correntes de pensamento en relación á súa maneira de pensar e comportarse.

  8. s col

    Persoa ou individuo.