arquivo

arquivo

lat archĭvu

Plural: arquivos
  1. s m [ARQUIV ]

    Conxunto da documentación producida e recibida por un organismo público ou unha institución como resultado da súa actividade.

  2. s m [ARQUIV ]

    Edificio ou local destinado a albergar e custodiar unha colección de documentos.

  3. s m
    1. Espazo da memoria dun ordenador destinado a almacenar información.

    2. Conxunto de datos estruturados que poden recuperarse facilmente e empregarse nunha aplicación determinada.

Sinónimos