textura

textura

lat textūra

Plural: texturas
  1. s f

    Disposición e orde dos fíos e pasadas dun tecido.

  2. s f
    1. Maneira como están dispostas as partes ou partículas que compoñen unha cousa.

    2. [XEOL ]

      Proporción das diversas fraccións dun solo.

    3. [XEOL ]

      Aspecto microscópico da superficie lisa dunha rocha ou dun agregado mineral.

  3. s f fig [LIT ]

    Estrutura dunha obra literaria.