testemuña

testemuña

lat testemonia ‘declaración’

Plural: testemuñas
  1. s f
    1. Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe.

    2. Persoa que viu ou sentiu algunha cousa.

  2. testemuña de Xehová [RELIX ]

    Membro da seita fundada en 1874 en EE UU por C. Taze Russell en cuxa doutrina se mestura o cristianismo, o xudaísmo, o unitarismo, o sinerxismo e elementos cabalísticos.

Refranes

  • Apurar moito ao testigo, máis é cousa de inimigo que de amigo.
  • Dous testigos falsos matan un home.
  • Dous testigos matan un home.
  • Entre dous amigos abondan dez testigos.
  • Home sen cabeza non vale para testemuña.
  • Máis vale un testigo de vista que un cento de oídos.