territorio

territorio

lat territorĭu

Plural: territorios
    1. s

      Superficie de terra que comprende unha xurisdición.

    2. ordenación do territorio / [XEOG/ADM ]

      Conxunto de medidas e actuacións públicas que se ocupan da presenza, distribución e disposición do territorio.

  1. s m [BIOL ]

    Área que un organismo defende fronte a outros membros da súa propia especie ou de especies diferentes.

  2. territorio autónomo [DER ]

    Porción de territorio nacional ou estatal que goza dun estatuto de autonomía.

  3. territorio estatal/nacional [DER ]

    Espazo tridimensional en que o estado exerce con titularidade exclusiva o seu poder soberano.

  4. territorio internacional [DER ]

    Zona que, tendo deixado de formar parte dun determinado estado soberano, non foi anexada aínda a ningún outro nin constitúe o territorio dun novo estado independente.