termodinámica

termodinámica

termo- + dinámica

Plural: termodinámicas
  1. s f [FÍS ]

    Rama da física que utiliza a mecánica estatística para estudar o comportamento macroscópico da materia.

  2. principios da termodinámica [FÍS ]

    Principios que determinan a natureza e límites dos procesos termodinámicos nos que o principio cero indica que dous sistemas en contacto tenden a alcanzar o equilibrio entre si. O primeiro principio é a lei da conservación da enerxía; o segundo principio, a entropía aumenta ou permanece constante; e o terceiro indica que no cero absoluto a variación da entropía tende a cero.