tensión

tensión

lat tensĭōne

Plural: tensións
  1. s f

    Acción e efecto de tensar.

  2. s f

    Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.

  3. s f

    Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.

  4. s f
    1. Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.

    2. Resistencia que ofrecen as paredes dun continente á presión dun líquido ou dun gas que contén.

  5. s f [LING ]

    Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.

  6. s f
    1. Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.

    2. Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.

  7. s f [FÍS ]

    Integral de liña do vector intensidade de campo entre dous puntos dun campo eléctrico a través dun camiño determinado que equivale á diferenza de potencial entre os dous puntos e representa o traballo efectuado por unha carga unitaria ao trasladarse dun punto a outro.

  8. tensión superficial [FÍS ]

    Manifestación das forzas de cohesión moleculares dunha substancia líquida ou en disolución, na superficie de separación con outro medio, que tende a conferirlle a forma de mínima enerxía potencial.

Formas incorrectas

stress