temperatura

temperatura

lat temperatūra

Plural: temperaturas
  1. s f [MED/FISIOL ]

    Grao de calor do organismo, que se considera normal entre 36,5°C e 37,2°C. Tm fig.

  2. s f [FÍS ]

    Magnitude termodinámica que pon en evidencia a enerxía térmica dun corpo en relación a outro. 

  3. temperatura absoluta [FÍS ]

    Temperatura medida en graos kelvin.

  4. temperatura crítica [FÍS ]

    Temperatura máxima dun gas á que se pode producir a licuación só co aumento da presión.

  5. s f fig

    Estado dun ambiente determinado.