arqueobotánica

arqueobotánica

arqueo- + botánica

Plural: arqueobotánicas
s f [ARQUEOL/BOT ]

Estudos e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos. O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio natural no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico.