accidente

accidente

lat accidente ‘caso fortuíto, desgracia’ accidere ‘suceder’

Plural: accidentes
  1. s m

    Acontecemento imprevisto que vén romper o curso regular das cousas.

  2. s m

    Acontecemento fortuíto ou imprevisto do que resulta un dano.

  3. s m [FILOS ]

    Carácter non esencial nin necesario dun ser, que pode subsistir fóra del e que pode estar ou non sen que troque a natureza do ser.

  4. s m [MED ]

    Ataque apopléctico.

  5. s m [MÚS ]

    Cada un dos signos que modifican unha nota cando se coloca diante dela.

  6. accidente gramatical [LING ]

    Inflexión que sofre unha palabra para expresar as diferentes categorías gramaticais.

  7. accidente vascular cerebral [PAT ]

    Patoloxía que dá lugar a unha alteración súpeta da irrigación do encéfalo.

  8. accidentes do relevo [XEOG ]

    Alteracións na disposición normal dos elementos do terreo.

Sinónimos

Citas

  • A representación da obra de teatro estivo chea de accidentes, entre eles a caída aparatosa de Lela, unha das protagonistas
  • Lara tivo un accidente co coche na volta do Foxo
  • O mes pasado tiven un accidente e aínda estou indo a rehabilitación

Frases hechas

  • Por accidente loc adv m Por casualidade, por causa fortu