tarabelo -la

tarabelo -la

lat v *terebellu lat terebru ‘trade’

Plural: tarabelos Masculino: tarabelo Masculino plural: tarabelos Feminino: tarabela Feminino plural: tarabelas
  1. s m
    1. Especie de espantallo formado por un trebello con aspas que baten contra un obxecto metálico e fan ruído cando son movidas pola forza do vento.

    2. Pecho que consiste nunha peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no medio, e que se usa para fechar portas, ventás ou cancelas.

    3. Peza de madeira que, ao bater na moa do muíño cando xira, imprime un movemento vibratorio á canada para que os grans procedentes da moega vaian caendo no ollo do muíño.

  2. adx

    Que é inconstante e pouco serio nas súas ideas e accións. Tm s.

  3. adx

    Que fala moito e sen tino. Tm s.

  4. adx

    Que actúa de modo atoleirado. Tm s.