tampón

tampón

fr tampon

Plural: tampóns
  1. s m [MED ]

    Rolo de algodón ou gasa que se introduce nunha cavidade natural para parar unha hemorraxia, especialmente vaxinal.

  2. s m [MED ]

    Porción de algodón ou gasa, xeralmente humedecido con solución medicamentosa, que se usa en orificios traumáticos ou cirúrxicos.

  3. s m

    Feltro empapado en tinta que se emprega para humedecer os cuños ou selos.

  4. s m

    solución reguladora.

Palabras vecinas

tamoxifeno tampa tampo tampón tampouco tan tanagra