táboa

táboa

lat tabŭla

Plural: táboas
  1. s f
    1. Peza plana de madeira de pouco grosor, máis longa ca larga.

    2. Peza plana longa e pouco grosa de calquera outra material sólido e ríxido.

    3. Nome de diferentes utensilios domésticos que presentan unha superficie plana e lisa comparable a unha lámina de madeira.

    1. s

      Prancha longa que se usa en certos deportes como soporte.

    2. táboa de surf

      Prancha sobre a que o deportista, dereito ou boca abaixo, mantén o equilibrio mentres escorrega pola crista dunha onda.

  2. s f

    Relación ordenada e sistemática de determinadas materias que se presentan de xeito ordenado.

    1. s

      Cadro de números ou outras indicacións que permite localizar rapidamente algún dato ou que facilita o traballo posterior do manexo de datos.

    2. táboa cronolóxica

      Forma gráfica de representar esquematicamente os acontecementos por orde cronolóxica, a sucesión de soberanos e papeis, os elementos de cómputo dos anos, dos meses e dos días, entre outros.

    3. táboa periódica dos elementos [QUÍM ]

      Ordenación dos elementos dunha táboa para poñer de manifesto a periodicidade das propiedades destes co aumento do número atómico.

    4. táboas astronómicas [ASTRON ]

      Publicación que contén unha colección de datos dos movementos e as posicións dunha serie de astros relativos a un período de tempo determinado.

    5. táboas náuticas [ASTRON ]

      Táboas que inclúen unha serie de datos astronómicos necesarios para os navegantes.

  3. s f

    Leito dun carro.

  4. s f

    Terra de labor que se sitúa entre dúas ringleiras de árbores.

  5. s f

    Dobre dobra ancha e plana que se fai como adorno nalgunhas pezas de vestir, especialmente as saias.

  6. s f pl [XOGO ]

    Estado do xogo de xadrez ou damas en que, dada a posición das pezas, non pode gañar a partida ningún dos xogadores.

  7. s f pl

    Escenario teatral.

  8. s f [ARTE ]

    Pintura feita sobre un soporte de madeira, característica da pintura de cabalete medieval ata que foi substituída pola tea no s XVI.

  9. táboa de harmonía [MÚS ]

    Tapa superior da caixa de resonancia dun instrumento de corda ou de teclado que constitúe un elemento esencial para a vibración e a propagación do son.

  10. táboa de salvación
    1. Trozo de madeira dunha embarcación ao que se agarra un náufrago para salvarse.

    2. Último recurso que queda  para superar unha situación difícil.

  11. táboa rasa [FILOS ]

    Expresión que, na linguaxe escolástica, se aplica á alma ou á mente para significar que non se posúe ningunha idea con anterioridade á experiencia e independentemente dela.

  12. táboas da Lei

    As dúas táboas de pedra en que Moisés gravou o decálogo.