suspensión

suspensión

lat suspensĭōne

Plural: suspensións
  1. s f

    Acción e efecto de suspender.

    1. s [DER ]

      Pena que priva en todo ou en parte o uso dun dereito.

    2. suspensión de garantías constitucionais / [DER/POLÍT ]

      Situación anormal da orde pública que consiste na supresión temporal total ou parcial das garantías persoais e dos dereitos públicos da constitución.

  2. s f [MÚS ]

    Adorno na execución musical, que consiste nunha prolongación ou nun retardo ao facer soar unha determinada nota.

  3. s f [QUÍM/FÍS ]

    Dispersión dun sólido nun líquido sen disolverse nin depositarse.

  4. s f
    1. Aquilo con que está suspendida algunha cousa.

    2. Conxunto de elementos mecánicos dun vehículo para amortecer as vibracións do terreo.