armenio -nia

armenio -nia
Plural: armenios Masculino: armenio Masculino plural: armenios Feminino: armenia Feminino plural: armenias
    1. adx

      arménico.

    2. s

      Natural ou habitante de Armenia.

    3. s [ETN ]

      /

  1. s [RELIX ]

    Membro da Igrexa Armenia.

  2. s m [LING ]

    Lingua indoeuropea, localizada na rexión montañosa que se estende pola ribeira do mar Negro, ao sur do Cáucaso e ao norte de Mesopotamia.

  3. alfabeto armenio [ESCR ]

    Alfabeto da lingua armenia, creado no s V polo relixioso san Mesrob. Segue a orde do alfabeto grego, e está constituído con elementos gregos, siríacos e iranianos para adaptarse ás necesidades do sistema fonético armenio.