accesibilidade

accesibilidade

lat accessibilitāte

Plural: accesibilidades
  1. s f

    Calidade de accesible.

  2. s f

    Grao potencial de interacción dun espazo determinado co resto dunha unidade territorial de escala maior á que pertence. Mídese mediante relacións de mobilidade e a través dunhas infraestruturas e medios de transporte específicos.

Citas

  • A boa accesibilidade a un terreo determina en gran medida o seu valor

Palabras vecinas

acceder accelerando* accesíbel accesibilidade accesible accesión accésit