ariete
ariete
lat ariĕte
-
s
m
[BÉL/HIST ]
Máquina de guerra deseñada para derribar tramos de muralla dunha fortificación, composta por unha trabe reforzada no seu extremo por unha peza de bronce ou de ferro en forma de cabeza de carneiro.
-
s
m
[BÉL ]
Antigo tipo de barco de guerra blindado, de proa sen lanzamento e de roda prominente e reforzada, que arremetía contra as embarcacións inimigas para afundilas.
-
ariete hidráulico
[FÍS/TECNOL ]
Aparato de elevación de auga ou doutros líquidos, que permite facer subir un determinado caudal a unha determinada altura.