soster

soster

lat sustinēre

  1. v t

    Aguantar unha cousa o peso doutra que está colocada enriba.

  2. v t

    Suxeitar algo ou a alguén para que non caia.

  3. v t

    Satisfacer as necesidades vitais dunha persoa.

  4. v t

    Defender unha opinión mediante argumentos.

  5. v pron

    Alimentarse para nutrir o organismo e proporcionarlle enerxía.

  6. v pron

    Permanecer en equilibrio.

  7. v pron

    Manterse unha situación.

Citas

  • Cederon os piares que sostían a bóveda
  • Con nove meses o cativo xa se sostiña
  • É capaz de sosterse sobre unha corda
  • O dique non puido soster a forza da riada
  • Os impostos sostíñanse sen subir
  • Sostéñense a base de vexetais
  • Sostenme a bicicleta
  • Sosteño a cinco fillos
  • Sosteño que ela non o fixo
  • Sostivo unha longa conversa con nós, Sostiveches demasiado tempo esa situación
Conjugar
VERBO soster
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sosteño
sostés
sostén
sostemos
sostedes/sostendes
sosteñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostiña
sostiñas
sostiña
sostiñamos
sostiñades
sostiñan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostiven
sostiveches
sostivo
sostivemos
sostivestes
sostiveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostivera
sostiveras
sostivera
sostiveramos
sostiverades
sostiveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sosterei
sosterás
sosterá
sosteremos
sosteredes
sosterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostería
sosterías
sostería
sosteriamos
sosteriades
sosterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sosteña
sosteñas
sosteña
sosteñamos
sosteñades
sosteñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostivese
sostiveses
sostivese
sostivesemos
sostivesedes
sostivesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sostiver
sostiveres
sostiver
sostivermos
sostiverdes
sostiveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sostén
-
-
sostede
ou
sostende
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soster
sosteres
soster
sostermos
sosterdes
sosteren
Xerundio sostendo
Participio sostido
sostida
sostidos
sostidas