sono

sono

lat somnu

Plural: sonos
  1. s m [FISIOL ]

    Estado fisiolóxico que constitúe o período de descanso do corpo e da mente, durante o que a consciencia e a vontade quedan suspendidas e as funcións orgánicas diminúen.

  2. s m

    Desexo ou necesidade de durmir.

  3. enfermidade do sono [PAT ]

    Enfermidade causada por algunhas especies de Trypanosoma e transmitida pola mosca tse-tse, que se caracteriza pola aparición de paroxismos febrís con erupcións cutáneas e  unha tendencia ao sono profundo e permanente.

Citas

  • Voume deitar porque teño moito sono

Frases hechas

  • Coller/dar/pegar/prender o sono. Quedar a durmir.

  • Quitar o sono. Preocupar algo.

Refranes

  • Canto máis se dorme, menos se vive.
  • Canto se deixa de durmir, gáñase de vivir.
  • Durmindo esquéncense as coitas.
  • Durmirei, durmirei e boas novas toparei.
  • O que ten besta soña coa albarda.
  • O sono e a morte son irmáns xémeos.
  • Padezo este mal que me ha consumir: que despois de farto bótome a durmir.
  • Para o moito sono non hai xergón duro.
  • Quen moito dorme, lagañas cría.
  • Quen moito dorme, pouco aprende.
  • Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería.
  • Soñar durmindo ou soñar desperto é como andar a rolos ou dando voltas por un deserto.
  • Sono de abril, déixallo ao teu fillo durmir.
  • Sono de maio, déixao para o teu criado.
  • Un soño saca outro soño.