sol

sol

lat sole

Plural: sois
  1. s m
    1. Estrela arredor da que xiran os planetas do sistema solar que ten unha masa de 1,99 x 10 30 kg e a aceleración da gravidade na fotosfera é de 27,4 m/s 2 . OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    2. Calquera corpo celeste de natureza análoga ao Sol.

  2. s m

    Luz e calor que irradia o Sol.

  3. s m [ECON ]

    Unidade monetaria principal do Perú.

Frases hechas

  • De sol a sol. Desde que nace o Sol ata que se pon.

  • Facer un sol de xustiza. Facer moita calor.

  • Tomar o sol. Expo

Refranes

  • Auga e sol, tempo de requeixón.
  • En poñéndose o sol, acabouse o labor.
  • Nin por sol nin por soleza, nunca deixes a manteza.
  • No día de san Xoán baila o sol pola mañán.
  • O sol do inverno sempre anda por detrás do outeiro.
  • Ó sol madrugadeiro non lle abras o medeiro.
  • O sol madrugador non é o mellor.
  • O sol na eira e a auga na nabeira.
  • O sol na eira e a chuvia na nabeira.
  • O sol, o médico e o alguacil entran cando queren e volven saír.
  • Onde o sol non dá, anda o cirurxián.
  • Sol de abril, ábrelle a man e déixao ir.
  • Sol de marzo queima as donas no pazo.
  • Sol de marzo, sol de mazo.
  • Sol de xaneiro, amor de xenro.
  • Sol de xaneiro, porco ao bulleiro.
  • Sol madrugador nunca é bo sol.
  • Sol madrugueiro non dura o día enteiro.
  • Sol madrugueiro, chuvia no quinteiro.
  • Unha alma soila non canta nin chora.
  • Unha ánima soa non canta nin chora.
  • Unha ave soila non canta nin chora.

Palabras vecinas

soia soidade soidoso -sa sol sol sol sola