sobreira

sobreira

lat v *suberarĭa lat sŭber, subĕris ‘sobreira’

Plural: sobreiras
  1. s f [PLANTA ]

    Árbore perennifolia, da familia das fagáceas, que presenta cortiza grosa, follas ovais, flores masculinas en amentos e as flores femininas illadas ou en pequenos grupos, e froitos en landra.

  2. s f

    Madeira desta árbore.

Refranes

  • Á sobreira non hai pau que a encha nin a fenda.