síntese

síntese

lat synthĕse gr σύνθεσις

Plural: sínteses
  1. s f

    Combinación dos elementos dun todo despois de separalos por medio da análise.

  2. s f

    Resumo breve dunha materia ou asunto.

  3. s f [FILOS ]

    Proceso da investigación ou do coñecemento, contraposto á análise, que consiste na unión de elementos que estaban separados e na súa integración nun todo.

  4. s f [LING ]

    Combinación dun radical e dos elementos flexionais nunha soa palabra variable.

  5. s f [FÍS ]

    Reconstrución dunha cor determinada a partir das cores primarias.

    1. s

      Formación de certos compostos mediante a unión de compostos máis simples ou dos seus elementos.

    2. síntese orgánica

      Parte da química orgánica que trata sobre a preparación de moléculas complexas a partir de substratos máis simples.

  6. síntese proteica [BIOQ ]

    Síntese que ten lugar nos ribosomas en catro etapas: activación de aminoácidos, iniciación da cadea polipeptídica, prolongación da cadea mediante novas secuencia de aminoácidos, e o remate cadea.

Antónimos