síndrome

síndrome

gr συνδρομ ή ‘concurso’

Plural: síndromes
  1. s f [PAT ]

    Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.

  2. s f

    Conxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.

  3. síndrome de Down [PAT ]

    Forma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.

  4. síndrome de inmunodeficiencia adquirida [PAT ]

    sida.

  5. síndrome de Edwards [PAT ]

    Trisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.

  6. síndrome de Klinefelter [PAT ]

    Aberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.

  7. síndrome de Korsakov [PAT ]

    Conxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.

  8. síndrome de Marfan [PAT ]

    Trastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.

  9. síndrome de Patau [PAT ]

    Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.

  10. síndrome de Prader-Willi [PAT ]

    Cadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

  11. síndrome de Reiter [PAT ]

    Síndrome que se caracteriza por artrite, acompañada de uretrite e conxuntivite ou de lesións mucocutáneas.

  12. síndrome de Reye [PAT ]

    Encefalopatía aguda e infección hepática asociada a cadros de febre por infeccións virais.

  13. síndrome de Sézary [PAT ]

    Proceso de proliferación dos linfocitos T, que se considera a variante leucémica da micose fungoide.

  14. síndrome de Sjögren [PAT ]

    Síndrome que se caracteriza por sequidade da pel e das membranas mucosas e por calcificación dos ósos e das articulacións.

  15. síndrome de Turner [PAT ]

    Malformación conxénita que se debe á existencia dun só cromosoma sexual