aréola

aréola

área

Plural: aréolas
  1. s f

    Área pequena, especialmente a que rodea algunha cousa.

  2. s f
    1. Zona de cor escura que envolve a mamila. OBS: Tamén se denomina aréola mamaria.

    2. Zona do iris que circunda a meniña do ollo.

  3. s f
    1. Pequena zona delimitada por un relevo ou ben cunha coloración.

    2. Relevo anular da membrana que envolve os poros das traqueidas.

    3. Grupo de acídulas das cactáceas.

  4. s f [ENTOM ]

    Espazo comprendido entre os nervios das ás dos insectos.

  5. s f [PAT ]

    Zona avermellada que pode aparecer despois dunha intradermorreacción.