simpatía

simpatía

lat simpathĭa gr συμπάθεια ‘comunidade de sentimentos’

Plural: simpatías
  1. s f

    Inclinación instintiva que atrae unha persoa cara a outra.

  2. s f

    Maneira de ser e carácter dunha persoa que a fan atractiva ou agradable ante outras.

  3. s f [FILOS ]

    Sentimento ou estado afectivo que consiste no feito de participar nos estados afectivos dos outros.

  4. s f
    1. Relación que existe entre o corpo e a mente, pola que ambos se inflúen mutuamente.

    2. Influencia morbosa producida nun órgano ou nunha parte por enfermidade ou alteración doutro.

    3. Influencia transmitida dun individuo a outro por imitación.

  5. s f [FÍS ]

    Fenómeno polo que un ser reproduce por influencia ou por imitación as modificacións doutro ser.