silicio

silicio

lat silĭce

Plural: silicios
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento químico de número atómico 14 e peso atómico 28,0855, que pertence ao grupo IV A da táboa periódica. Ten aplicacións en electrónica e en metalurxia.

  2. carburo de silicio [QUÍM ]

    Sólido en forma de cristais negros de gran dureza, que ten aplicacións como refractario e abrasivo, e como semicondutor.

  3. dióxido de silicio [QUÍM ]

    Composto formado polo silicio co osíxeno, presente na natureza en forma de sílice.