signo

signo

lat signu

Plural: signos
    1. s

      Aquilo que, por convención ou relación natural, representa unha cousa.

    2. s [MAT ]

      Símbolo que se emprega para indicar unha operación ou caracterizar unha magnitude.

    3. s [RELIX ]

      Sinal, acontecemento ou palabra que se interpreta como a manifestación e presenza do transcendente ou divino.

    4. s [MÚS ]

      Sinal gráfico que complementa as notas dunha partitura e que permite facer unha interpretación correcta dela.

    5. s [ASTRON ]

      Cada unha das doce partes en que se supón está dividido o zodíaco.

    6. signo de puntuación [LING ]

      Signos ortográficos con que se marcan pausas, entoacións ou anotacións.

    7. signo lingüístico [LING ]

      Unidade lingüística que está formada pola unión dun significante e un significado.

    8. signo notarial [DER ]

      Sinal particular e rexistrado que cada notario debuxa á man antes da sinatura que autoriza un documento público.

    9. signo óptico [MINERAL ]

      Propiedade que presentan os minerais anisotrópicos transparentes cando, cortados en láminas finas, son observados cun microscopio con luz polarizada.

  1. s m

    Movemento, acción ou xesto con que se fai saber ou entender algo.