sexo
sexo
lat sexu
-
s
m
[BIOL/XEN ]
Conxunto de fenómenos que polarizan os individuos dunha mesma especie en machos e femias.
-
s
m
Conxunto de xenitais externos do macho e a femia.
-
s
m
Exercicio da actividade sexual.
-
s
m
Conxunto de individuos dun ou doutro sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
Refranes
- A cama redonda fai a noite longa.
- A moza e a parra non se ven ben, se non lle erguen a faldra.
- Cama de noivos, dura coma croios.
- Cando vires a candea no castiñeiro, leva a ovella ao carneiro.
- Detrás do vicio vén o fornicio.
- Na cama redonda, pouco sono e moita troula.
- O home mullereiro acaba consigo e co diñeiro.
- Os traballos dos casados son traballos honrados.
- Ti que querías, eu que tiña gana, sucedeu o que o diaño esperaba.
- Traballando sen candil fanse fillos mil.
- ¡A lingua vaia e veña; as mans, quedas!
- ¡Catade o que facedes entre sebes e paredes!
- ¡Deus me apare mesón que a dona me faga algo e o mesoneiro non!
- ¡Muller, ímonos deitar, que ternos que traballar!