seu, súa

seu, súa

lat suu, sua

  1. pos

    Indica posesión ou propiedade dun elemento a unha terceira persoa.

  2. pos

    Indica posesión ou propiedade dun elemento a unha segunda persoa, con tratamento de respecto ou cortesía.

  3. de seu
    1. pos

      Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’, como casa, terras, coche e vacas.

    2. pos

      Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan lle corresponden totalmente a algo ou a alguén. OBS: A forma de seu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular.

Citas

  • A súa música é a clásica, Descoñezo a súa profesión
  • Engordou os seus oito quilos
  • Hoxe é o seu día
  • Luís xogará na segunda división porque o seu equipo ascendeu
  • Non ten coche de seu
  • O do mal humor é de seu, OBS: A forma de seu con estes significados sempre se presenta invariable en masculino singular
  • O seu Antón morreu moi novo, OBS: Tamén se usa a expresión substantivada os seus, invariable en masculino plural, co significado de ‘a súa familia’, Gústalle moito estar cos seus
  • O seu avión sae mañá ás oito
  • O seu é a cociña
  • O seu instituto é o da esquerda
  • O seu pelo é louro, A súa casa é moi grande, Os seus cans son demasiado agresivos
  • Sempre toma o seu café despois de comer, OBS: Precedido da preposición de e inmobilizado na forma femenina plural (das súas), indica xeralmente carácter negativo, singular ou que chama a atención, Fixo das súas coa moto, Xa pensou algunha das súas
  • Señor, creo que este pano é seu
  • Suou o seu con ese traballo, OBS: Ás veces pode adquirir valor adverbial co significado de ‘de abondo ou boa cantidade’, Onte choveu o seu