servir

servir

lat servīre

  1. v t
    1. Traballar ás ordes de alguén.Tm v i.

    2. Facer algo en favor ou beneficio de alguén.

    3. Traballar en favor de algo como unha idea ou causa.

  2. v t
    1. Dar a un cliente o que necesite.Tm abs.

    2. Proporcionar a algúen o que solicite. Tm abs.

  3. v t

    Presentar os alimentos na mesa ou ante alguén.

  4. v i
    1. Ser de utilidade para algo.

    2. Realizar a función de algo que se expresa.

    3. Producir algo un determinado efecto.

  5. v i

    Ser unha peza de roupa ou un calzado adecuado para unha persoa.

  6. v i

    Sacar en determinados xogos de pelota.

  7. v pron

    alerse de algo en beneficio propio.

Sinónimos

Citas

  • A nova rede telefónica servirá a moita poboación
  • As súas influencias servíronlle para progresar
  • Esta pedra servirá como martelo
  • Estou á túa disposición para o que che poida servir, Servía os intereses dunha ONG
  • Medrou tanto que non hai pantalón que lle sirva
  • O suspenso serviulle como revulsivo para estudar máis, Isto que che sirva de lección
  • O tenista servía con moita forza
  • Se queres máis xamón sírvete ti mesmo
  • Servía na casa dun financeiro
  • Servíranlle os fertilizantes esta mesma tarde, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Nesa tenda serven a domicilio
  • Serviron o peixe nunha bandexa de prata
  • Serviu as cartas tras barallalas, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non te distraias e sirve xa
  • Serviu os condes desde que era moza
  • Serviume o té e agora non podo marchar
  • Serviunos unha amable camareira, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Aí non tomo ningún café, serven moi mal
  • Serviuse dun ferro para abrir a porta, Non te sirvas do teu irmán para conseguir as cousas

Palabras vecinas

servil servilismo serviola servir servita servizal servizo
Conjugar
VERBO servir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sirvo
serves
serve
servimos
servides
serven
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servía
servías
servía
serviamos
serviades
servían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servín
serviches
serviu
servimos
servistes
serviron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servira
serviras
servira
serviramos
servirades
serviran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servirei
servirás
servirá
serviremos
serviredes
servirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
serviría
servirías
serviría
serviriamos
serviriades
servirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sirva
sirvas
sirva
sirvamos
sirvades
sirvan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servise
servises
servise
servisemos
servisedes
servisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servir
servires
servir
servirmos
servirdes
serviren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sirve
-
-
servide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
servir
servires
servir
servirmos
servirdes
serviren
Xerundio servindo
Participio servido
servida
servidos
servidas