sentar

sentar

lat *sedentāre

  1. v t

    Poñer a alguén coas nádegas apoiadas nun sitio.

  2. v t

    Asentar unha cousa para que quede firme.

  3. v t

    Establecer unha idea ou un principio.

  4. v i

    Poñerse alguén coas nádegas apoiadas nun lugar. Tm v pron.

  5. v i

    Ter algo un bo ou mal efecto sobre a saúde ou o ánimo.

  6. v i

    Quedar ben unha roupa ou un adorno.

Sinónimos

Citas

  • Esa cor non lle senta nada ben
  • Eu non quero pastel que me senta mal
  • Hai que sentar as bases do partido
  • Hai que sentar mellor aquelas columnas
  • Senta o neno que lle vou poñer os zapatos
  • Sentou e comezou a ler o libro
  • Sentouse porque estaba cansa

Frases hechas

  • Sentar a cabeza. Facerse formal unha persoa que non o era.

Refranes

  • Ben criado ou mal criado, de nove meses o neno sentado.
  • Dáme onde me sente, que eu farei onde me deite.
  • De neno ou de vello non te sentes no penedo.
  • Nin de moza nin de vella has de sentarte na pedra.
  • Non lle digas ao vello: ¡Séntate!, nin o mozo: ¡Érguete!
  • O que ao sentarse di ¡ai! e ao erguerse di ¡opa!, non o quero á miña porta.
  • O que primeiro chega primeiro se senta.
  • O que tarde chegou, de pe quedou e non se sentou.
Conjugar
VERBO sentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sento
sentas
senta
sentamos
sentades
sentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentaba
sentabas
sentaba
sentabamos
sentabades
sentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentei
sentaches
sentou
sentamos
sentastes
sentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentara
sentaras
sentara
sentaramos
sentarades
sentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentarei
sentarás
sentará
sentaremos
sentaredes
sentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentaría
sentarías
sentaría
sentariamos
sentariades
sentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sente
sentes
sente
sentemos
sentedes
senten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentase
sentases
sentase
sentasemos
sentasedes
sentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentar
sentares
sentar
sentarmos
sentardes
sentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
senta
-
-
sentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentar
sentares
sentar
sentarmos
sentardes
sentaren
Xerundio sentando
Participio sentado
sentada
sentados
sentadas