arcipreste
arcipreste
lat archipresbĭteru gr ἀ ρχιπρεσβύτερος
-
s
m
[ADM/RELIX ]
Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.
-
s
m
[ADM/RELIX ]
Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.
-
s
m
[ADM/RELIX ]
Sacerdote dunha catedral que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.
-
cardeal arcipreste
[ADM/RELIX ]
Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de san Xoán, san Pedro e santa María a Maior de Roma.