segredo

segredo

lat secrētu ‘separado’

Plural: segredos
  1. s m

    Cousa que se ignora, que se oculta ou que non se debe coñecer.

  2. s m

    Discreción máxima.

  3. s m

    Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.

  4. s m

    Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado efecto.

  5. segredo de confesión [RELIX ]

    Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia.

  6. segredo de estado [DER/POLÍT ]

    Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos, cuxa revelación compromete a seguridade do estado.

  7. segredo de sumario/sumarial [DER ]

    Segredo encamiñado a garantir a administración de xustiza e a defensa dos intereses persoais das partes implicadas nun sumario mentres se fan as dilixencias pertinentes.

  8. segredo profesional [DER ]

    Obriga dun profesional de non divulgar aquilo que coñeceu por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.

Sinónimos

Frases hechas

  • En segredo. Sen que se saiba.

Refranes

  • A miña comadre bota pola boca todo canto sabe.
  • Amores, dores, celos e diñeiros non queren estar secretos.
  • Bo é o amigo para calar, pero mellor é non darlle segredo a gardar.
  • Co tempo todo se sabe.
  • Das novas non vos coidedes, que xa se farán vellas e xa as saberedes.
  • Descubrinme a el como amigo e armóuseme como testigo.
  • Di o teu segredo ao amigo e faraste seu cautivo.
  • Di o teu segredo ao teu amigo e faraste seu cautivo.
  • Dille ao amigo o teu segredo e quedarás del preso.
  • En consellas as paredes son orellas.
  • Entre o ceo e a terra non hai nada que non se saiba.
  • Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.
  • Mirade o que facedes, que o que na casa fixerdes, na rúa o oiredes.
  • Na boca do lareta non hai cousa secreta.
  • Non hai cousa encuberta que tarde ou cedo non se "seipa".
  • Non hai cousa secreta que tarde ou cedo non se "seipa".
  • Non hai nada encuberto, que non sexa descubertoo
  • Non hai segredo que non se saiba tarde ou cedo.
  • Non hai segredo que o sexa por moito tempo.
  • Non hai segredo que tarde ou cedo non sexa descuberto.
  • O que non queres que se saiba non o digas a ninguén.
  • O que non se sabe é o que non se di.
  • O que o neno oíu na casa, vaino dicir ao curral.
  • O que pensa que as paredes calan, ben enganado anda.
  • O segredo do teu amigo gardarás e o teu non o dirás.
  • Os nenos son fillos de Deus e testemuñas do demo.
  • Polo que garde no meu peito, non teño preito.
  • Por fondo que o demo cave, todo se lle sabe.
  • Quen non cala o mal seu ¿como calará o teu?
  • Quen se fía do segredo das paredes, sae vendido moitas veces.
  • RuÍn é o paxariño que descobre o seu niño.
  • Ruín será na casa quen o vai pregoar á praza.
  • Sábeo Vicente e sábeo toda a xente.
  • Se falasen as paredes, non habería segredo que non se soubese.
  • Segredo de dous, sábeo Deus; segredo de tres, sábeo quen quer.
  • Segredo entre moitos malo é de gardar.
  • Segredo, que de dous é, xa segredo non é.
  • Valéralle máis calar ao que ten qué tapar.
  • ¡Ai, madriña, que iso que me di, xa eu llo sabía!
  • ¿Qtien sabe o que hai dentro da arca que está pechada?