sedimentación

sedimentación

sedimentar

Plural: sedimentacións
  1. s f

    Acción e efecto de sedimentar.

  2. s f [BIOQ ]

    Método empregado para a determinación de pesos moleculares de proteínas mediante unha ultracentrífuga.

  3. s f [ESTRATIG ]

    Precipitación dos sedimentos que se acumulan formando estratos.

  4. s f [FÍS/QUÍM ]

    Propiedade dos coloides pola que as partículas de substancia insoluble se separan lentamente pola gravidade do medio líquido e se depositan no fondo do recipiente que os contén.

  5. s f [MED ]

    Produción dun depósito de sedimento ou pouso.

  6. s f [QUÍM ]

    Procedemento empregado en análise química para clasificar os corpos segundo as dimensións das súas partículas.