secretario -ria

secretario -ria
Plural: secretarios Masculino: secretario Masculino plural: secretarios Feminino: secretaria Feminino plural: secretarias
  1. s

    Persoa que se encarga da administración e funcionamento dunha empresa, organismo ou oficina.

  2. s [DER ]

    Persoa encargada de redactar as actas e as memorias, dar fe dos acordos, custodiar os documentos e escribir a correspondencia nalgunha asemblea ou organismo.

  3. s [HIST ]

    Funcionario real encargado da correspondencia secreta e das cartas do selo secreto, a miúdo con funcións administrativas e de goberno.

  4. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos saxitáridos, que ten as patas moi longas, de cor gris e negra, coa cara amarela, a pel de arredor dos ollos núa e tirando a vermella e unha longa plumaxe eréctil arredor da cabeza. OBS: Tamén se denomina serpentario.

  5. secretario de estado [DER/ADM ]

    Xefe do órgano superior dun departamento ministerial situado entre o ministro e o subsecretario, encargado dunha determinada unidade ou subdivisión.

  6. secretario de Estado [DER/POLÍT ]

    Ministro principal, nalgúns estados americanos, que fai as funcións de primeiro ministro e, ás veces, é o encargado dos asuntos exteriores.

  7. secretario de Estado [DER/RELIX ]

    Cardeal presidente da secretaría oficial do Estado.

  8. secretario xeral [POLÍT ]

    Cabeza ou dirixente principal dalgúns partidos políticos.

  9. secretario xudicial [DER ]

    Funcionario público, que forma parte do persoal da administración de xustiza, que dá fe dos actos e das dilixencias dun tribunal.

Palabras vecinas

secreta secretaría secretariado secretario -ria secreter secretina secreto -ta