sátiro

sátiro

lat satyrus gr σάτυροζ

Plural: sátiros
  1. s m [MIT ]

    Semideus da mitoloxía grecorromana que habitaba nos bosques, xunto ás ninfas, e que acostuma representarse con cornos e patas de cabra de forma sensual e agresiva.

  2. s m [PSIC ]

    Home sexualmente morboso, que intenta desafogar de forma violenta ou anormal os propios instintos luxuriosos.