sargo

sargo

lat sargu

Plural: sargos
  1. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe perciforme, da familia dos espáridos, que presenta o corpo de cor gris prata, con bandas pardas lonxitudinais e unha banda transversal negra sobre a cola.

  2. sargo beado/acastañado [ANIMAL/ICT ]

    Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado, de cor gris, a aleta caudal alta e de lonxitude igual á da cabeza, e as aletas pectorais máis longas ca as pélvicas.

  3. sargo picudo [ANIMAL/ICT ]

    Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado e prateado e o fociño alongado, rematado nunha pequena boca.

Palabras vecinas

sardónix sarego sarga sargo sari sarillo šarī’a*