sapiencial
sapiencial
lat sapientiāle
-
adx
Relativo ou pertencente á sabedoría.
-
adx
Que comunica sabedoría.
-
libros sapienciais
[RELIX ]
Conxunto de libros do Antigo Testamento integrado polos libros de Xob, Proverbios, Eclesiastés, Cantar dos Cantares e os deuterocanónicos: o libro da Sabedoría e o Eclesiástico.