sangrar

sangrar

lat sanguināre

  1. v i

    Perder ou botar sangue.

  2. v i

    Botar secrecións unha árbore ou unha planta ao facerlle un corte.

  3. v t

    Facer que un animal bote o sangue ao sacrificalo.

  4. v t

    Sacrificar o gando.

  5. v t

    Dar saída a un líquido.

  6. v t [MED ]

    Practicar a alguén unha sangría.

  7. v t

    Extraer o zume a unha planta ou a unha árbore facéndolle cortes.

  8. v t [GRÁF ]

    Deixar un espazo en branco ao comezar a primeira liña dun parágrafo.

Citas

  • Meu tío sangrou un año
  • O bidón está posto para que sangre polo furado
  • O salgueiro sangraba por un corte que tiña no tronco
  • Sangra polo nariz
  • Sangran o polo despois de matalo
  • Sangrou os pais todo o que puido
Conjugar
VERBO sangrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangro
sangras
sangra
sangramos
sangrades
sangran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangraba
sangrabas
sangraba
sangrabamos
sangrabades
sangraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrei
sangraches
sangrou
sangramos
sangrastes
sangraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrara
sangraras
sangrara
sangraramos
sangrarades
sangraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrarei
sangrarás
sangrará
sangraremos
sangraredes
sangrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangraría
sangrarías
sangraría
sangrariamos
sangrariades
sangrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangre
sangres
sangre
sangremos
sangredes
sangren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrase
sangrases
sangrase
sangrasemos
sangrasedes
sangrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrar
sangrares
sangrar
sangrarmos
sangrardes
sangraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sangra
-
-
sangrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sangrar
sangrares
sangrar
sangrarmos
sangrardes
sangraren
Xerundio sangrando
Participio sangrado
sangrada
sangrados
sangradas