sandía

sandía

ár hisp *sandíyya ár clásico sindiyyah, de Sind rexión paquistaní da que procede

Plural: sandías
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das cucurbitáceas, que presenta talos prostrados, longos e asperamente pilosos, follas lobuladas, flores amarelas e froitos en pepónide comestibles.

  2. s f

    Froito desta planta.

Refranes

  • A sandía nin en abril sementada nin en maio nada.